mércores, 29 de xaneiro de 2014

Estamos na Rede Cultural e no programa Ler Conta Moito

Notificámosvos que xa nos podedes atopar no catálogo de actividades do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O prazo para a solicitude de actividades e a aceptación das bases da convocatoria é do 28 de xaneiro ata o 14 de febreiro


Tamén podedes solicitar a nosa actuación dentro da Rede Cultural da Deputación, onde participamos no apartado de XXX Programa de música e teatro para grupos non profesionais, na categoría de Grupos de Títeres. 


luns, 27 de xaneiro de 2014

Iván e o lobo gris

Aquí tedes outra mostra máis do que poderedes ver en "Iván e o lobo gris". Presentámosvos a o Rei Otón, o Lobo Gris e a Baba Yaga!






Por culpa dun deles o noso amigo Iván vaise ver metido nunha aventura na que poderá perder a súa cabeza e algo máis. Outro dos tres personaxes convertirase nun gran amigo e compañeiro de aventuras, e o terceiro... ai… o terceiro… para saber o que fai este último teredes que esperar á estrea.

domingo, 26 de xaneiro de 2014

Avanzamos no novo proxecto

Ola a todos! Xa fai un mes que escribimos por última vez e non queremos que pensedes que estamos a perder o tempo.

A verdade é que estamos a adicar estas datas a preparar o material do noso novo proxecto "Iván e o lobo gris" no que interpretaremos as Danzas Eslavas de Dvorak. Se non as coñecedes, recomendámosvos que o fagades de seguido porque non teñen desperdicio. Como son danzas, son moi rítmicas e as hai de moi distinto carácter mais todas transmiten moita enerxía e son moi alegres. Con toda seguridade aos nenos lles van encantar!

O traballo sobre o decorado marcha a bo ritmo e xa temos feito o bosque, a casa de Baba Yaga,  a maceira... Os que xa víchedes  "As aventuras de Quebranoces" poderedes observar que nesta ocasión o decorado vai ser algo máis complexo. Pensamos que vai quedar moi bonito. Como exemplo vos deixamos unha foto dun anaco do bosque no que Iván vivirá moitas aventuras.

Como vos adiantamos noutras entradas anteriores do blog, no conto haberá un lobo e unha bruxa, entre outros personaxes. O que non vos imos dicir agora é cal dos dous será o malo da historia. Rematará Iván nas fauces do lobo? ou será tal vez a bruxa Baba Yaga a que tente comer ao noso protagonista?. Se queredes saber o que vai pasar teredes que ver o concerto. O guión quedou moi simpático e esperamos que vos riades un montón mentres descurre a historia. 

Xa falta menos para a data de estrea!